viernes, 30 de marzo de 2012

Entrevistamos ao libreiro Xosé Bangueses

Viernes, 30 de marzo de 2012. Como colofón a este mes de marzo que está a piques de rematar, hoxe presentamos ao libreiro Xosé Bangueses García, propietario da libraría Abrente e un apaixoado dos libros e das redes sociais, que nos amosa de primeira man unha interesante visión da profesión de libreiro.



Que lle levou a ser libreiro?

O meu amor pola lectura e os libros, e tamén, como non, unha saída profesional.

Cal pensa que é y cal debería ser o papel do libreiro no século xxi?

Facer de colaborador e  trasmisor da cultura para construir valor a través dos valores. Axudar a estimular o amor pola lectura como canle de información e  formación.

Cal é o perfil do cliente habitual da libraría tradicional?

É moi variado, temos todas as edades e profesións. Dende os nenos que mercan o libro recomendado, a nai que busca  un libro para estimular os seus recén nacidos e, por suposto, adultos de toda condición e formación que demandan literatura, ensaio, guías, etc.

Cree que o libreiro debe apostar pola venda a través do comercio electrónico?

Seguro que si, pero non creo que sexa de maneira individual. Aquí eu diferenciaría entre o contorno local, barrio ou localidade onde a través das redes sociais se poden facer promocións e  campaña, non tanto de venda como de presencia e presentación de novidades nas distintas redes sociais. E, por outro lado, unha iniciativa ou proxecto global, proxecto que se debe abordar debido aos custos colectivamente, en conxunto. Como plataforma de venda de agrupacións de libreiros.

Rematará o libro electrónico coa libraría, tal e como a coñecemos?

Neste caso vai a suceder como na prensa, radio, televisión, etc. Convivirán moito tempo, creo que terán que pasar moitos anos para que eso suceda. É posible que vivan ámbolos formatos paralelamente un tempo e incluso que o libro en papel non chegue a desaparecer nunca. As razóns están fundamentadas en que existe un sector dos lectores que nunca deixarán de ler en papel ainda que o fagan tamén nos outros formatos.

Vostede é un tuiteiro recoñecido e usuario habitual das redes sociais, como aplica estas ferramentas a súa libraría?

A través das redes sociais manteño informados, a custo cero, aos meus seguidores das novidades editoriais, dos eventos que celebramos na libraría e así mesmo achégolles noticias locais, provinciais e globais que considero que poden ser do seu interés.

Por outra parte, en horas determinadas, compartimos e interactuamos entre a comunidade de amigos e seguidores, resolvendo dúbidas, dando información directa e incluso, ainda que a venda non é o obxetivo, tomando algún que outro pedido.

Qué espazo teñen os libros destinados á formación (como os publicados por Ideaspropias Editorial) non regramentada nunha libraría?

Ó ser material moi especializado e para un certo cliente, moi pouco. Está en función da demanda.  

Se tivera que escoller un só libro, cal sería?

Posmo moi difícil, ainda  non sendo eu relixioso,  e se só tivera que elexir un, a Biblia, como unha fermosa obra poética, amena, escolma de feitos da humanidade.

No hay comentarios: