martes, 15 de mayo de 2012

Entrevistamos a Francisco Graña, director de MexilOnseTuits

Martes, 15 de maio de 2012. Como avanzabamos hai uns días, o próximo 9 de xuño celebrarase en Bueu a primeira edición do Festival Social Media de Galicia MexilOnseTuits co obxectivo de premiar os mellores traballos galegos de marketing dentro das plataformas de comunicación social e tamén co ánimo de constituirse como un encontró formativo, dado que servirá a empresas de recente creación para introducirse nas novas canles de comunicación ou axudar ás empresas tradicionais a realizar estratexias online. Para que coñezades un pouco mellor esta iniciativa, hoxe ofrecemos unha entrevista con Francisco Graña, director de MexilOnseTuits.

-¿Cal foi o punto de partida para organizar este primeiro Festival Social Media de Galicia?

O evento naceu buscando facer de altofalante e premiar dalgún xeito o traballo feito en Galicia no eido das novas tecnoloxías.

O elemento innovador e diferenciador de darlle cabida a todos estes proxectos dentro dun Festival, foi o punto  de partida para empezar a traballar.



-¿Por qué o nome de MexilOnseTuits?

MexilOnseTuits resposta á necesidade de integrar o ámbito dos premios (Galicia) co espazo físico onde teremos a entrega de premios (O Morrazo). Buscamos un dos productos galegos con máis sona e démoslle o toque propio da Península do Morrazo, por iso Ons escríbise con maiúscula, xa qué é a parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que pertence  ao Morrazo.

Para a creación da marca do Festival de Social Media de Galicia, eleximos unha marca visual en consonancia co noso mexillón alado, para que poida voar polas redes.

-¿Estades percibindo unha boa acollida por parte das empresas galegas?

Estamos sorprendidos pola acollida que está a ter o Festival ata o de agora, xa que tanto os medios de comunicación, como as empresas e particulares galegos, están a respostar de forma moi acolledora.

Hai publicacións facéndose eco do evento en blogs, nas principais redes sociais e en medios de comunicación como Radio Voz, Banda Ancha da Radio Galega, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra, Atlántico Diario por exemplo, o que está a provocar que os patrocinadores tamén están moi ilusionados pola repercusión que está a ter o Festival.

Por outra banda, o realmente importante neste Festival é contar con boas candidaturas, e neste campo a  inscrición de proxectos vai polo camiño de superar en breve a centena de candidaturas.

-¿Considerades que existe unha conciencia sobre a relevancia dos social media na estratexia de comunicación das empresas galegas?

A verdade é que hai un gran salto entre as empresas que están metidas e concienciadas no uso dos Social Media, que ven claramente as oportunidades que a rede lles brinda, das outras que todavía non abriron os ollos.

Pouco a pouco semella que a concienciación vaise extendendo, pero ainda así falta moito camiño por percorrer. O Festival tamén intenta acortar esta brecha que existe entre unhas e outras, amosando casos reais de pequenas empresas que están tendo éxito, investindo moitas gañas e tempo e poucos recursos económicos.

-O 9 de xuño celebrarase o certame e suporá unha importante oportunidade para o contacto entre os asistentes / participantes, ¿podes adiantarnos o programa do día?

O comité organizador do festival está a preparar unha xornada chea de actividades. O programa pódese ver neste enlace: http://festivalsocialmediadegalicia.com/programa-festival-socialmedia-de-galicia-mexilonsetuit/.

A entrega de premios será ao longo da mañá, e servirá tamén para formar e concienciar ás novas empresas do interesante que é comunicar a través das novas tecnoloxías. Haberá ademáis unha mesa redonda onde os galardonados e algúns membros do xurado presentes analizarán o panorama galego en canto ao Social Media se refire.

Outro obxectivo do proxecto é poñer en valor e dar a coñecer a nosa terra no seu conxunto e axudar a espallar a nosa cultura polo mundo. Por iso celebrarase unha comida degustación con productos típicos da gastronomía galega e proporanse outras actividades culturais como a visita ao Museo Massó ou o paseo en embarcacións tradicionais.

E por suposto este festival supón un punto de encontro onde as empresas e os emprendedores poden compartir ideas e establecer sinerxias para futuros proxectos.

-Aínda hai tempo para inscribir as propostas nas diferentes categorías de participación do certame, ¿cómo animariades ás empresas a que  asistan ao Festival?

Os que desexen presentar algún traballo aos primeiros Premios de Social Media de Galicia poden facelo ata o 25 de maio. O Festival MexilOnseTuits será o escaparate do que está a acontecer en Galicia en canto a marketing online, comunicación nas redes sociais, novas tecnoloxías, e un longo etcétera. Son moitas as empresas que desexan formar parte deste evento e que se animan a participar para amosar ao mundo o traballo do cal están orgullosos. Ademais, o xurado que valorará os traballos está formado por profesionais de recoñecido prestixio no mundo do Social Media en diversos sectores, o que lle da moito valor a estes premios. E as empresas ou persoas gañadoras en cada categoría terán a oportunidade de contar os logros do seu traballo ante o aforo do Festival MexilOnseTuits.

¡O Festival MexilOnseTuits é unha cita ineludible!






2 comentarios:

MexilOnseTuits dijo...

Moitas gracias pola vosa colaboración e pola difusión do evento.

Esperamos que o día 9 de Xuño, pasemos un bo día todos xuntos no Morrazo.

Francisco Graña

MexilOnseTuits dijo...

Muchas gracias por vuestra colaboración y por vuestra candidatura.
Nos da pena porque casi casi, salis nominados ;-)
De todas formas el año que viene os esperamos y mucho mucho antes, esperamos desvirtualizaros ;-)