miércoles, 16 de mayo de 2012

Letras Galegas

Mércores, 16 de maio de 2012. Mañá, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, unha data instituida en 1963 pola Real Academia Galega para honrar a aquelas personas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da lingua. A data escollida débese a que o 17 de maio de 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, título que marcou o Rexurdimento cultural do galego.
Cada ano, o Día das Letras Galega adícase a un autor e nesta ocasión o homenaxeado é Valentín Paz Andrade, xurista, político e escritor pontevedrés que escribíu ensaios literarios, históricos e económicos, obras especializadas en temas pesqueiros, poesía –formou parte da Xeración do 25- e narrativa.
Como particular homenaxe a esta celebración, hoxe adicamos este espacio ás Letras Galegas de Ideaspropias.

No hay comentarios: