jueves, 16 de mayo de 2013

Celebramos o Día das Letras Galegas regalando libros e sorteando un bono de compra


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio), que este ano está adicado ao escritor, actor e director Roberto Vidal Bolaño, Ideaspropias Editorial quere agasallar aos clientes que nestas datas compren libros en galego.
 
Tódolos clientes que merquen manuais de Ideaspropias en galego, sexa a través da web ou de forma directa á editorial, serán agasallados con outro título en galego totalmente gratis e ademáis obterán unha participación no sorteo dun bono de 20 € para comprar na editorial*.

 
A promoción desenvolverase dende hoxe mesmo ata o 31 de maio e inclúe a tódolos títulos en galego en catálogo e tamén aos manuais do Almacén de ideas 10 editados en galego. O ganador da promoción comunicarase no mes de xuño.
 
¡Feliz Día das Letras Galegas!
 
 
 
*O desconto de 20€ aplicarase ao total da compra que realice o cliente, incluídos gastos de envío. A compra deberá realizarse durante o mes de xuño de forma directa á editorial. Para máis información: comunicación@ideaspropiaseditorial.com

No hay comentarios: