viernes, 17 de mayo de 2013

Feliz Día das Letras Galegas


Hoxe sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas, unha data adicada á exaltación e promoción da literatura e a lingua galegas que foi  instituida en 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destaquen pola creación literaria en galego ou pola defensa da lingua.

A data escollida débese a que un 17 de maio publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcara o inicio do Rexurdimento cultural de Galicia.


Dende a primeira homenaxeada, Rosalía de Castro, en todos estes anos o Día das Letras Galegas foi adicado a Castelao, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Alfonso X O Sabio, Rafael Dieste, Manuel Murguía, etc ata chegar en 2013 ao actor, director e escritor teatral Roberto Vidal Bolaño.

Cada 17 de maio celébranse en Galicia e noutros lugares do mundo numerosos eventos culturais de homenaxe á figura escollida, como é o caso neste 2013, de Roberto Vidal Bolaño, con actos previstos en Vigo, Santiago, Castellón, Londres, Santa Fe (Argentina) e moitos outros lugares.

Que teñades un feliz día e lembrade que, se realizades unha compra de libros en galego en Ideaspropias Editorial recibiredes outro manual en galego totalmente de balde e entraredes no sorteo dun bono desconto de 20 €.
 
 
Non podemos despedirnos sen recordar que hoxe tamén se celebra o Día Mundial de Internet.

 

 

No hay comentarios: