lunes, 29 de julio de 2013

Entrevistamos a Xosé Rodríguez Lois, xerente de Redelibros

Redelibros naceu en novembro de 2010 como a rede social galega do libro e defínese como un espazo onde escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente lectores, poden compartir experiencias, inquietudes, lecturas e intereses sobre o mundo da literatura. Hoxe entrevistamos ao seu xerente, Xosé Rodríguez Lois, para saber un pouco máis sobre esta rede social.
 
 
 
-¿Con qué obxectivos xurdíu Redelibros?
 
Potenciar o libro e a lectura, crear unha canle que permitise poñer en contacto a escritores, libreros, editores e demais axentes do mundo do libro cos lectores.
 
-¿Cales son os destinatarios de Redelibros e que posibilidades lles ofrece esta plataforma cultural?
 
Os lectores, sen dúbida. A través da rede poden atopar outros lectores para falar de libros, opinar sobre as lecturas, buscar recomendacións, etc. E tamén os escritores, pois eles son os que poñen en marcha o mundo da literatura. A través de Redelibros poden falar de tú a tú cos seus lectores.
 
-Además dunha rede social centrada no mundo do libro, Redelibros ofrece a posibilidade de comprar online, ¿un valor engadido para os usuarios?
 
Un servizo máis, que non estaba previsto nun principio pero que xurdíu de xeito natural a medida que comezamos a editar os nosos propios libros. En calquera caso, a gran virtualidade é que na nosa rede cada usuario pode crear, de forma realmente doada e en moi poucos pasos, a súa propia tenda na Redelibros para, por exemplo, poñer á venda os seus propios libros, se é un autor.
 
-Tamén hai un espazo en Redelibros para a autoedición, ¿supón unha área con moita actividade na plataforma? ¿como se xestiona?
 
O que facemos é ofrecer unha serie de servizos profesionais de edición a calquera que o precise. Unha cousa é escribir un libro e outra moi diferente editalo: un autor non ten por que ter idea de edición, maquetación, deseño, etc.
 
E está claro que cada vez máis a autoedición, a edición independente, é un camiño de futuro, unha vía perfectamente válida para atopar o camiño cara aos lectores. Internet fai posible chegar a un número incalculable de lectores potenciais en todo o mundo, pero o libro precisa duns estándares de calidade mínimos. Aí é onde intervimos: asegurámonos de que a obra dos autores chegue en inmellorables condicións aos seus destinatarios, os lectores.

-Tamén se define como o espazo das librarías na Internet, ¿qué opcións lles ofrece?
 
Basicamente, un escaparate virtual para todas aquelas librarías que o desexen, sen maior compromiso pola súa parte. E un espazo tamén para a venda dos seus libros.
 
-Redelibros ofrece numerosas posibilidades e ferramentas a autores, lectores, librarías, etc. ¿cales son as áreas que teñen maior éxito?
 
Sen dúbida, a edición independente e o que é a esencia da rede: a súa inmensa biblioteca, de máis dun millón de exemplares, onde se poden atopar referencias de practicamente todos os libros editados nos últimos cuarenta anos en galego ou castelán en España. E, por suposto, o espazo de intercambio de opinións e referencias editoriais.
 
-¿Qué balance facedes destes dous anos e medio de Redelibros?
 
Tres anos xa, pois aínda que Redelibros abríu as súas portas oficialmente en novembro, estaba activa desde finais de agosto de 2010 e en probas desde xullo dese ano. Foi un camiño complicado, moito máis do que agardabamos nun primeiro instante, e que coincidíu coa famosa e interminable crise. Pero penso que Redelibros supuxo un punto e aparte na relación entre os autores e lectores neste país.
 
-¿Cales son os plans de Redelibros a curto-medio prazo?
 
Sobrevivir, que non é pouco, e continuar difundindo a rede entre os lectores. E continuar coa edición independente, na que estamos a ter grandes éxitos editoriais, obras dunha innegable calidade que están a atopar o favor do lector.

Gracias.
 
Grazas a vos.

No hay comentarios: