viernes, 15 de mayo de 2015

Día das Letras Galegas

Son consciente de que o Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio, pero como este ano coincide en domingo quero desexarvos a todos con antelación que pasedes un moi bo Día das Letras Galegas e que o celebredes non só o domingo, senón cada día do ano, xa que temos a sorte de contar cunha lingua propia. 


¿E sabedes por que se escolleu esta data para celebralo dende hai tantos anos? Resulta que un 17 de maio foi publicado en Vigo o primeiro exemplar de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, obra que marcaría o inicio do Rexurdimento cultural de Galicia.

No catálogo de Ideaspropias tamén contan con algúns títulos en galego, podedes botarlle unha ollada no seguinte enlace

¡Que pasedes unha boa fin de semana!

No hay comentarios: